Nota de los obispos de la Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela con ocasión de la Ofrenda del Antiguo Reino de Galicia al Santísimo Sacramento

La antigua tradición de la Ofrenda de las siete ciudades del Antiguo Reino de Galicia al Santísimo Sacramento en Lugo ha sido puesta en cuestión radicalmente en estos días. Se ha generado un debate sobre la legitimidad de esta tradición en una sociedad democrática en nombre de la “laicidad”del Estado, tal como la entienden algunos grupos o partidos políticos.

La objeción no afecta sólo al sentido de este gesto concreto, tan significativo en nuestra tierra, sino que se refiere a la relación entre nuestras instituciones políticas y la vida de una sociedad libre, de la que forma parte y es también expresión la Iglesia. Por ello, parece muy conveniente tomar en consideración con calma estos argumentos, en primer lugar para intentar comprender mejor el sentido de este gesto que se celebra en Lugo, y luego para evitar extraer conclusiones que podrían ser erróneas.

La “laicidad”del Estado significa que éste, en sus responsables e instituciones, no hace propia ninguna ideología (ateísmo, por ejemplo) o religión ni, por tanto, las impone a la sociedad; sino que, al contrario, afirma el respeto y la promoción de la libertad y de los derechos de los ciudadanos, tanto en su vida individual como comunitaria.

Por tanto, la “laicidad”del Estado respeta y promueve la variedad de convicciones existentes en la sociedad. Ésta, por definición, no será nunca “laica”; pues las personas no pueden ser neutras, carentes de alguna forma de comprensión del mundo, de convicciones creyentes, ideológicas o religiosas.

En otros términos, las instituciones del Estado, que no profesan una fe determinada, se saben en cambio al servicio de una sociedad que siempre profesa alguna. Esto fue bien expresado en el art. 16 de nuestra Constitución, que defiende la libertad de todos afirmando la no confesionalidad del Estado e, igualmente, comprende el valor de la relación con una parte tan significativa en nuestra sociedad como es la Iglesia católica.

La “laicidad”del Estado sería destruida, sin embargo, si se intentase hacer de las instituciones políticas instrumento para la imposición de la propia ideología o religión a la sociedad, al pueblo al que se ha de servir.

El caso de la Ofrenda nos pone ante una tradición con muy profundas raíces en la historia de nuestro pueblo; más aún, es el único gesto público que todavía se refiere al Antiguo Reino de Galicia. Responde evidentemente a nuestra cultura y religión de siglos, que hoy sigue viva en muchísimos gallegos.

La “laicidad”del Estado no puede consistir en negar la relevancia pública de este gesto tan propio de Galicia, sólo por el hecho de su forma cristiana. No corresponde al Estado excluir a los cristianos y a sus celebraciones del ámbito público y reducirlos a lo privado.

En efecto, la Ofrenda no es una parte de la “vida de las instituciones políticas”, sino de la vida pública de nuestra sociedad, sin duda mucho más amplia que la puramente política. Por ello, esta Ofrenda podría no celebrarse, si perdiese su humus vital en la sociedad gallega. Pero hoy día, sin embargo, la Ofrenda del Antiguo Reino de Galicia es un gesto cargado de significado; sigue viva, como la tradición cristiana en Galicia.

El representante político no acude a un acto semejante como persona privada, para expresar sus convicciones ideológicas personales, sino en su específica función pública, precisamente a causa de la “laicidad”de las instituciones, que reconocen el valor de un gesto tan expresivo de la vida de nuestro pueblo.

Por otra parte, esta Ofrenda tiene la peculiaridad de que se realiza en Lugo; y ello contribuye de modo muy significativo a la percepción de la historia de la Galicia real, plural, con varios centros de referencia, que es muy necesario tener en cuenta hoy.

La Ofrenda pone de manifiesto el significado en la historia gallega de las siete ciudades del Antiguo Reino, Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Mondoñedo, Betanzos y Tui. Por lo que, para la ciudad lucense, y en medidas diversas para las otras, la puesta en cuestión de la Ofrenda supone un menoscabo importante de su identidad misma.

Más allá de las circunstancias particulares de este año, confiamos en que esta tradición de la Ofrenda al Santísimo seguirá estando viva, haciendo palpable la identidad que expresa el escudo gallego mismo: la pluralidad de las siete cruces que rodean el símbolo de aquella fe con la que nuestros padres construyeron Galicia durante muchas generaciones.

La “laicidad”que caracteriza a nuestro Estado no lo impedirá, porque está destinada precisamente a garantizar el respeto y la promoción de la libertad de su pueblo, y, en primer lugar, el respeto a sus convicciones más hondas, a su fe, expresada privada o públicamente.

Todos los gallegos pueden sentirse invitados a participar en esta celebración, en la que se expresa su historia y su identidad, y en la que cada uno y cada ciudad tienen un lugar propio.

+ Julián Barrio Barrio, Arzobispo de Santiago

+ Alfonso Carrasco Rouco, Obispo de Lugo

+Luis Quinteiro Fiuza, Obispo de Tui-Vigo

+ Leonardo Lemos Montanet, Obispo de Ourense

+ Jesús Fernández González, Obispo Auxiliar de Santiago

+ José Diéguez Reboredo, Obispo Emérito de Tui-Vigo

 

linea_div

 

Nota dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela con ocasión da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

A antiga tradición da Ofrenda das sete cidades do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento en Lugo foi posta en cuestión radicalmente nestes días. Xerouse un debate sobre a lexitimidade desta tradición nunha sociedade democrática en nome da «laicidade» do Estado, tal como a entenden algúns grupos ou partidos políticos.

A obxección non afecta só ao sentido deste xesto concreto tan significativo na nosa terra, senón que se refire á relación entre as nosas institucións políticas e a vida dunha sociedade libre, da que forma parte e é tamén expresión a Igrexa. Por iso, parece moi conveniente tomar en consideración con calma estes argumentos, en primeiro lugar para intentar comprender mellor o sentido deste xesto que se celebra en Lugo, e logo para evitar extraer conclusións que poderían ser erróneas.

A «laicidade» do Estado significa que este, nos seus responsables e institucións, non fai propia ningunha ideoloxía (ateísmo, por exemplo) ou relixión, nin polo tanto, as impón á sociedade; senón que, ao contrario, afirma o respecto e a promoción da liberdade e dos dereitos dos cidadáns, tanto na súa vida individual como comunitaria.

Polo tanto, a «laicidade» do Estado respecta e promove a variedade de conviccións existentes na sociedade. Esta, por definición, non será nunca «laica»; pois as persoas non poden ser neutras, carentes dalgunha forma de comprensión do mundo, de conviccións crentes, ideolóxicas ou relixiosas.

Noutros termos, as institucións do Estado, que non profesan unha fe determinada, sábense en cambio ao servizo dunha sociedade que sempre profesa algunha. Isto foi ben expresado no art.º 16 da nosa Constitución, que defende a liberdade de todos afirmando a non confesionalidade do Estado e, igualmente, comprende o valor da relación cunha parte tan significativa na nosa sociedade como é a Igrexa católica.

A «laicidade» do Estado sería destruída, non obstante, se se intentase facer das institucións políticas instrumento para a imposición da propia ideoloxía ou relixión á sociedade, ao pobo ao que se ha de servir.

O caso da Ofrenda ponnos ante unha tradición con moi profundas raíces na historia do noso pobo; máis aínda, é o único xesto público que aínda se refire ao Antigo Reino de Galicia. Responde evidentemente á nosa cultura e relixión de séculos, que hoxe segue viva en moitos galegos.

A «laicidade» do Estado non pode consistir en negar a relevancia pública deste xesto tan propio de Galicia, só polo feito da súa forma cristiá. Non corresponde ao Estado excluír aos cristiáns e ás súas celebracións do ámbito público e reducilos ao privado.

En efecto, a Ofrenda non é unha parte da actividade propia das “institucións políticas», senón da vida pública da nosa sociedade, sen dúbida moito máis ampla que a puramente política. Por iso, esta Ofrenda podería non celebrarse, se perdese o seu humus vital na sociedade galega. Pero hoxe en día, non obstante, a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia é un xesto cargado de significado; segue viva, como a tradición cristiá en Galicia.

O representante político non acode a un acto semellante como persoa privada, para expresar as súas conviccións ideolóxicas persoais, senón na súa específica función pública, precisamente a causa da «laicidade» das institucións, que recoñecen o valor dun xesto tan expresivo da vida do noso pobo.

Por outra parte, esta Ofrenda ten a peculiaridade de que se realiza en Lugo; e iso contribúe de modo moi significativo á percepción da historia da Galicia real, plural, con varios centros de referencia, que é moi necesario ter en conta hoxe.

A Ofrenda pon de manifesto o significado na historia galega das sete cidades do Antigo Reino, Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Polo que, para a cidade lucense, e en medidas diversas para as outras, a posta en cuestión da Ofrenda supón un menoscabo importante da súa identidade mesma.

Máis alá das circunstancias particulares deste ano, confiamos en que esta tradición da Ofrenda ao Santísimo seguirá estando viva, facendo palpable a identidade que expresa o escudo galego mesmo: a pluralidade das sete cruces que rodean o símbolo daquela fe coa que os nosos pais construíron Galicia durante moitas xeracións.

A «laicidade» que caracteriza o noso Estado non o impedirá, porque está destinada precisamente a garantir o respecto e a promoción da liberdade do seu pobo, e, en primeiro lugar, o respecto ás súas conviccións máis fondas, á súa fe, expresada privada ou publicamente.

Todos os galegos poden sentirse invitados a participar nesta celebración, na que se expresa a súa historia e a súa identidade, e na que cada un e cada cidade teñen un lugar propio.

+ Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago

+ Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo

+Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo

+ Leonardo Lemos Montanet, Bispo de Ourense

+ Jesús Fernández González, Bispo Auxiliar de Santiago

+ José Diéguez Reboredo, Bispo Emérito de Tui-Vigo

Versión en galego