Celebrouse en Arousa a tradicional Pascua Xoven

A Pascua Xoven de Arousa celebrou esta pasada fin de semana a súa cuadraxésima sexta edición, que se desenvolveu no colexio Filipense de Vilagarcía de Arousa do venres 26 ao domingo día 28 de abril de 2019.

En sintonía co Sínodo dos Xóvenes convocado polo Papa Francisco tratouse nesta xeira o tema do acompañamento.  A idea dos organizadores foi dende as Fases-Unidades didácticas de traballo e a Música, aprender e profundizar na difícil arte de acompañar aos nosos mozos por camiños de vida, de rebeldía evanxélica e compaixón. Asistiron numerosos mozos e mozas ao xa tradicional encontro de Vilagarcía