Clausura da Semana Cultural de Belvís

San Rosendo foi unha das grandes figuras da Galicia do século X. Cun importante papel tamén a nivel político, foi bispo das dioceses de Mondoñedo e Iria Flavia (precursora da sé compostelana) e fundador do mosteiro de Celanova. Numerosas institucións levan o seu nome ou celebran algunha efeméride en torno á súa festa; tal é o caso do Seminario Menor de Santiago.

Con tal emotivo, a comunidade educativa ven celebrando estes días numerosas actividades culturais, académicas e relixiosas. No caso do venres, a profesora Mª. Teresa Amado deleitounos cunha interesante conferencia baixo o título: O Teatro en Grecia, moito máis que un espectáculo.

A celebración da Santa Misa e a comida de confraternidade puxeron o broche de ouro a unha semana que todavía contará co seu epílogo durante a xornada de hoxe; será a quenda do Encontro de Antigos Alumnos  que pasaron por esta institución ao longo dos seus case setenta anos de vida.

Versión en galego