Comezamos os Itinerarios Cultura, Arte e Relixión en Compostela

Dende a Vigairía de Ensinanza e Catequese comezamos a primeiros de Novembro unha actividade piloto destinada para tódolos rapaces de 13 a 18 anos de institutos e catequeses parroquiais da Diocese de Santiago de Compostela.

Esta actividade consiste nun itinerario por diferentes lugares da cidade de Compostela onde os rapaces poden descubrir mediante diferentes encontros e actividades de educación non-formal aspectos como a historia da igrexa compostelá e o camiño de Santiago; algúns dos principais elementos artísticos de Compostela como o retablo barroco de San Paio, a Praza da Inmaculada ou o Pórtico da Gloria; encontros cas monxas beneditinas, os seminaristas maiores de San Martín Pinario, ou cos Xesuítas e Franciscanos da nosa cidade.

Encontros nos que os mozos e mozas teñen a oportunidade de coñecer de primeira man os lugares nos que se atopan, as persoas que habitan e custodian os nosos templos e mosteiros e de descubrir unha serie de valores cristiáns e vocacionais tales como a vocación e a confianza en Deus, a testemuña de vida dos relixiosos e relixiosas, a caridade, a sinxeleza, o valor da misión ou o da amizade con Deus.

Para a realización desta actividade contamos cunha guía-caderno de actividades a modo de material complementario e a axuda e disposición de voluntarios e de tódalas igrexas cas que realizamos o itinerario.

Dende aquí queremos aproveitar para agradecerlle a axuda a todos eles e a confianza posta en nós por tódolos profesores interesados neste itinerario; confíamos en cumprir as vosas expectativas.

O costo da actividade por participante é de dous euros (custo do material) e a realización do itinerario pode levarse a cabo de luns a venres no horario e o tempo que mais conveña a cada centro ou parroquia, adaptándonos e adaptando o itinerario as súas necesidades e ó tempo e ás posibilidades loxísticas dispoñibles.

Se queres mais información podes escribir un e-mail a itinerarioculturaeart@archicompostela.gal. Se queres inscribirte podes facer click aquí.

Unha vez vos poñades en contacto a través do formulario de inscripción ou ben a través do correo estableceremos unha liña de traballo para adaptar o itinerario as vosas necesidades.

Versión en galego