Homilía en la festividad de los Ángeles Custodios

«Ha dado órdenes a sus ángeles para que te guarden en sus caminos». Con el Patronazgo de los Ángeles Custodios habéis llegado para celebrar esta fiesta en su honor. Os saludo con cordial afecto y agradecimiento, rezando por vosotros y con vosotros.

En nuestra vida vamos  descubriendo los signos de la amorosa providencia de Dios que se manifiestan en su misericordia con nosotros. Sentirse bien con Dios posibilita mirar a los demás con una mirada reconciliada y reconciliadora, necesaria para construir una civilización más humana y fraterna. Acabamos de escuchar en la primera lectura: «Voy a enviarte un ángel por delante para que te cuide en el camino y te lleve al lugar que te he preparado». Los ángeles en los que Dios encuentra una alabanza y obediencia perfectas, son servidores para nuestro bien. Velan por nosotros. No los vemos pero ellos nos ayudan y sirven a Dios en nosotros: «Cuidado con despreciar a uno de estos pequeños, porque os digo que sus ángeles están viendo siempre en el cielo el rostro de mi Padre celestial». A los santos Ángeles les debemos reverencia por su presencia, devoción por su benevolencia y confianza por su custodia.

También Dios nos encomienda cuidar de nuestros hermanos los hombres. «Cada vez que hacéis estas cosas a uno de mis hermanos más pequeños, a mi me lo hacéis». San Pablo dirá: “Llevad los unos las cargas de los otros” (Gal 6, 2). «Acogeos los unos a los otros como Cristo os ha acogido a vosotros para gloria de Dios» (Rom 15, 7). Esto nos exige ser solidarios y saber escuchar con paciencia. Dividir la sociedad en buenos y malos sigue siendo una constante que nos impide ver las semillas de bondad que los otros pueden tener y que nos lleva a generar la cultura del descarte. En nuestra sociedad hay muchas cosas malas pero estoy seguro que no superan las buenas.

É moito o ben que sen dúbida na súa providencia amorosa Deus realiza a través da vosa vocación vivida con esforzo, xenerosidade, dedicación e dispoñibilidade como o facedes no quefacer de cada día. Ben soubo o apóstolo Santiago que o queira ser primeiro ha de ser servidor de todos, porque o Fillo do Home non veu a ser servido senón a servir, dando a vida en gratuidade. Por desgraza, na vosa misión, atopádesvos coa violencia de quen non acepta as xustas normas da convivencia. É coa forza da xustiza, como se pode soster a esperanza dos cidadáns. A persoa é verdadeiramente libre cando é dona dos seus actos e é capaz de acoller o ben que está en conformidade coa razón e coa propia conciencia

Velades polo perfeccionamento ético e moral da convivencia cidadá durante o día e a noite, salvagardando os dereitos da persoa e da súa dignidade, a verdadeira xustiza e igualdade como fundamentos do ben común nunha sociedade afectada por unha grave crise de valores éticos e morais que repercute negativamente en amplos sectores da vida persoal e da mesma sociedade. Cando non se observa unha decidida opción pola verdade e a xustiza, a nosa convivencia e toda actividade social reséntense e ven progresivamente ameazadas e abocadas á disolución.

Dades serenidade e confianza a todos os cidadáns, previndo e disuadindo na inclinación para facer o mal. A vosa autodisciplina lévavos a enfrontarvos con firmeza á realidade escura da vida, froito da nosa condición de pecado. San Paulo dicía: “Vemos o que é mellor, e facemos aquilo que non debemos facer”. A liberdade da persoa humana e da sociedade non é algo que se conquista dunha vez e para todos. Ben sabedes que a liberdade hai que tutelala das escravitudes xeradas polo egoísmo do home que busca servirse dos demais e non servir aos demais.  Tutelar o intanxible campo dos dereitos da persoa humana e facer fácil o cumprimento das súas obrigacións é a vosa tarefa dentro da convivencia social onde só unha moral que recoñeza normas válidas sempre e para todos pode garantir o seu fundamento ético. O ben común ao que servides, realízase plenamente só cando os cidadáns están seguros dos seus dereitos. Esta é a vosa convicción e vosa exemplar tradición que desafiou ao tempo e aos acontecementos históricos.

O agradecemento é a memoria do corazón. Con esta memoria lembramos aos policías falecidos. Pido ao Señor por intercesión do Apóstolo Santiago que bendiga ás vosas familias e a todos vós no cumprimento da misión encomendada ao servizo da sociedade e que os Santos Anxos vos protexan. Amén

 

Foto de archivo

Versión en galego