Monseñor Barrio será o pregoeiro da Semana Santa en Compostela

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela presentou onte ante os medios a exposición que levará a cabo esta fin de semana, 23 e 24 de marzo, en San Domingos de Bonaval. No mesmo acto cos medios, anunciaron que o pregoeiro da Semana Santa en Compostela neste ano 2019 vai ser o arcebispo compostelán, monseñor Xulián Barrio Barrio.

Mañá sábado, dende as 10:00 e ata as 18:00 horas, en horario ininterrompido, estarán expostos os traxes e estandartes das diferentes Confrarías, ademais de proporcionar información de interese, datos e peculiaridades sobre as mesmas. Por outra banda, estarán a disposición dos asistentes os carteis da Semana Santa 2019, así como os programas, nos que se reflexan os diferentes actos e desfiles procesionais que terán lugar entre o 17 e o 28 de abril.

Cando finalice a exposición dará comezo, ás 18:00 horas, o acto “Semanas Santas de Interese Turístico”, no que se levará a cabo un coloquio coas Xuntas de Confrarías de Ferrol, Mondoñedo, Viveiro e Santiago de Compostela. Acto, no que o acompañamento musical estará a cargo da Escolanía da Catedral.

No caso do domingo 24, de 10:00 a 14:00 horas, retomarase de novo a exposición, que terá carácter gratuíto para todos os asistentes.

A Xunta de Confrarías tamén deu a coñecer o nome do pregoeiro deste ano 2019, no que, sendo un ano especial xa que será a primeira vez que saen ás rúas coa distinción de Interese Turístico, estará a cargo do arcebispo de Santiago, don Xulián Barrio.

Por este motivo a Xunta de Confrarías, adiantou respecto a outros anos, a presentación da Semana Santa a este pasado mes de xaneiro, que tivo lugar o 17 de xaneiro, na sala San Felipe Neri ubicada no Mosteiro de San Martiño Pinario.

O presidente, José Muñiz, presentou o novo logo da Xunta de Confrarías que adquire unha mellora respecto ao anterior, e no que se aproveita a ocasión para incluír a distinción de “Festa de Interese Turístico”. Tamén se deu a coñecer ese mesmo día o cartel da Semana Santa 2019, que terá lugar do 12 ao 28 de abril. Un cartel que este ano abandera a Confraría da Nosa Señora da Quinta Angustia, e no que ten unha gran presenza a súa imaxe, unha obra do século XX do imaxineiro Jesús Picón.

Como é ben sabido, as obras que se están a realizar na Catedral de Santiago van facer que os itinerarios dalgunhas procesións sufran modificacións este ano. As afectadas son: Virxe das Dores, Sermón do Santo Encontro e Santo Enterro.

Versión en galego