Desde setembro de dous mil dezaseis, o capelán do Centro Penitenciario de Teixeiro é Juan González-Redondo Neira, natural de Mondoñedo, ordeado sacerdote o 16/05/2010. Recolle o valioso traballo de D. Manuel García Souto, anterior responsable. Compaxina esta labor coa atención parroquial a varias comunidades rurais dos Concellos de Mesía e Frades. Xunto a el conforma a capelanía un equipo de outros tres presbíteros, xunto a varias relixiosas e segrares.

Ademais da asistencia relixiosa, a Pastoral Penitenciaria diocesana, en colaboración coa Cáritas diocesana, desenvolve unha atención social ós reclusos, e conta con un pequeno servizo con voluntarios xurídicos. Fóra do cárcere, o acompañamento ós presos se completa con un piso para disfrute de permisos, e unha vivenda para acollida de presos de longa duración liberados, atendidos por unha asistenta social de Cáritas e un equipo de voluntarios.