Representación teatral solidaria no Seminario Menor

O Seminario Menor adica a xornada deste mércores ao teatro. Será o propio grupo de teatro do centro o encargado de representar Dez Negriños, unha das obras clave da gran Ágatha Christie.

A sesión da mañá foi para escolares e a da tarde, aberta para cantos quixeran participar. A partires das 18:30, e cun fin solidario, cada entrada consistirá nun quilo de alimentos que despois serán entregados a institucións de caridade da nosa cidade.

A maiores, os alumnos do centro, terán distintas visitas culturais, tanto á Catedral coma ao Museo de Ciencias Naturais da USC. Onte achegáronse tamén ata a Cidade da Cultura para visitar Galicia, un relato no mundo.

A xornada deste mércores completouse cun coloquio deportivo con Pablo Graña e Noel Domínguez, dous grandes do piragüismo.