O día da Inmaculada Concepción está especialmente adicado a rezar pola xuventude dende hai moito tempo. Debe ser porque a mocidade ten na Virxe María, unha nai de amor limpo e puro coma non existe outro. Este ano, a Vixilia da Inmaculada da nosa diocese tivo lugar na parroquia de Sta. Cruz de Liáns, concello de Oleiros, o pasado día 6 de decembro. Trátase dun encontro mozos aberto a tódalas parroquias, grupos, colexios e movementos cristiáns cun esquema lúdico e espiritual para aprender a vivir de fe a calquera idade. Dende a Unidade Pastoral de Ames e Unidas participaron dous mozos, que colaboraron como voluntarios en tarefas varias de “intendencia”.
Máis información