A Capela de San Xoanciño é pequeniña. Pero grande permanece a devoción das súas xentes. A escaseza de medios materiais e humanos non é obstáculo para que o desexo de honrar ao santo titular, San Xoán Bautista, medre ata procurar unha festa familiar e piadosa. Este ano a Eucaristía solemne tivo lugar o luns 24 de xuño ás 13h. A Coral de Bugallido encheu coa súa música aquel recanto de bosque e a procesión estirouse ata o cruceiro, como ven sendo habitual. Nesta Capela celébrase a Sta. Misa unha vez por semana, habitualmente os venres.