Foto: Yolanda e Suso cos seus fillos, ao servicio da parroquia en 2019
Desde hai bastantes anos, existe unha colaboración parroquial moi fermosa na freguesía de Portor: a “tradición dos matrimonios”. As parellas casadas na igrexa, túrnanse, ano tras ano, para coidar to templo e facilitar o culto nas celebracións da Eucaristía, oficios de Semana Santa, quendas de oración, etc. Correspondíalles, ademais, a función de A Nosa Señora relativa ás festas do 15 de agosto.
Este sacrificado traballo (require unha importante disponibilidade de tempo e paciencia, alentando os esforzos de moitas persoas que colaboran coa parroquia de xeitos variados) inclúe a colaboración na Sta. Misa, a apertura, atención e limpeza da Igrexa e a casa reitoral, o traslado dos ornamentos para as celebracións na Capela de Pontemaceira, etc., etc. Un traballo que permite ao sacerdote concentrarse no seu ministerio e aproveitar o tempo, que na fin de semana tórnase algo escaso no seu periplo polas parroquias encomendadas. Pero tamén que repercute en ben de toda a freguesía, que pode contar cun referente moi á man, para cuestións de datas, documentacións, caridades ou Misas.
Este fragmento pretende servir de homenaxe para tódolos matrimonios que prestaron e prestan este tipo de servizo desinteresado á parroquia durante os anos. Posiblemente o sistema teña que evolucionar ou adaptarse aos novos tempos, pois as circunstancias laborais, sociais ou de parella tamén foron cambiando. Pero é de xustiza agradecer e valorar moito unha misión que pasa desapercibida tantas veces e vai máis aló dunha obriga. En moitas ocasións, pálpase a emoción pola responsabilidade de representar a toda a parroquia e polo cariño que se pon en cada detalle. No fondo, a intención consiste en honrar a Santa María e ao seu “Fogar” de Portor, co mellor de cada quen. Unha Nai sempre é sensible ante tal celo.