O patrón de Lens é un pequeno gran galego. O bispo Hermogio de Tui caera prisioneiro dos musulmáns, gañadores fronte ás tropas cristiás na batalla de Valdejunquera alá polo 920. Pasado un ano, este clérigo fixérase sustituir polo seu sobriño Pelaxio (Paio ou Pelayo) mentres buscaba o rescate esixido para a súa total liberación. Pero éste nunca chegou. E Paio tivo que botar naquel prendemento outros catro anos. Cando contaba el 13, o Sultán propúxolle comportamentos deshonestos e que abxurase da súa fe. Obtería grandes privilexios. Pero o mozo negouse e así foi martirizado. Unha heroica morte que testemuña as firmes conviccións de San Paio no seguimento de Xesucristo.
Semellante vida exemplar fai que, cada ano, a parroquia de Lens celebre con gozo e devoción a solemnidade do seu santo patrono. O domingo 1 de setembro, na Misa solemne das 13h agradeceuse moito a Deus que San Paio fora proposto como modelo e protector da parroquia. Invocouse como intercesor para os fregueses durante todo o ano.
Apresencia de múltiples pequenos neste día de festa proporcionou unha frescura desbordante ao día do Patrón, que serve para cerrar as festas parroquiais. A pequena e rebuldeira «colonia» xuvenil de Miso, unida a outros moitos rapaces, mozas e mozotes con raigame en Lens sentiron, ben seguro, a terra amada baixo os seus pés e o zoar dos ventos entre as árbores locais, que recollían os seus soños de futuro.