O pasado domingo 6 de outubro, a parroquia de Lens viviu a celebración das festas da Nosa Señora do Rosario. Unha tradición enraizada na adquisición dunha imaxe propia pola Casa Grande de Lens, en agradecemento polos favores recibidos da Nosa Nai María hai moitos anos, concretada nunha solemne eucaristía que ven tendo lugar cada ano en torno á data litúrxica da Virxe do Rosario (7 de outubro). A compaña dun veterano gaiteiro amenizou a procesión e a bendición cos rosarios animou a vivir moi preto da Nosa Señora durante todo o ano.