Virxe do Corpiño
No día en que celebramos A Nosa Señora do Corpiño de Oca (Ames), queremos ter un pequeño recordo e oración por tódolos devotos da Virxe. Pedimos ao Resucitado, que nos conceda, máis pronto que tarde, volvernos xuntar coa Súa Nai María, que nos acolleu tamén a nós coma fillos queridos dela.