Sta María de Portor (Concello de Negreira), mantén acendidas as candeas de Xoves Santo en representación de todos os que non poden acudir físicamente á Igrexa estes días do coronavirus. Alí, na presencia de Xesús Eucaristía, figuran os nomes das parroquias e lugares de culto da Unidade Pastoral denominada U.P. Ames. Agradecementos para Marita e Rosa que, ademáis de traballar con elegancia e dedicación paro o Señor durante todo o ano, levan no corazón a todas as familias desta contorna, expresándoo así con este detalle de piedade.