Este ano tarda o momento en que a parroquia natal do misioneiro comboniano Daniel Villaverde poida saudar e acoller ao seu ilustre fregués. As circunstancias da pandemia sanitaria dificultan a planificiación dunha viaxe que esperamos cada ano con ilusión. O corazón do Padre Daniel está en África porque esa terra, seica, atrapa ese amor tan grande que reparten os misioneiros cos máis humildes e necesitados. Pero tamén está na terra que o viu nacer.
- Foto: Celebración Corpus Chirsti Padre Daniel en África