O día 24 de Xullo pola tarde, no pazo de A Peregrina (Bertamiráns), Maximino Viaño recibía a Medalla do Concello de Ames, nun acto institucional co gallo do Día de Galicia. Socio fundador da cooperativa Feiraco, Medalla de Bronce de Galicia e cronista oficial de Ames, recoñecíase, unha vez máis, a traxectoria humana e social deste internacional home de Tapia. A Asociación de Alfombristas de Galicia confeccionou tamén un tapiz coa bandeira galega para a ocasión.
- Foto de portada de Paco Rodriguez para La Voz de Galicia 24/07/2020