O pasado 19 de setembro un automóbil batía co cruceiro parroquial de Portor, sufrindo este graves desperfectos. Por fortuna, ao parecer, non houbo que lamentar danos persoais. Tras o parte correspondente da Garda Civil, emprendéronse as xestións oportunas de cara á súa futura recuperación. A parroquia agradece ao Concello de Negreira a súa mediación nos trámites que se precisan