O pasado 15 de agosto celebrouse a festa da Asunción de María en Corpo e Alma ao ceo. O día por excelencia da parroquia de Portor. Este ano agrupouse nunha celebración a San Antonio e a San Roque e reservouse o domingo para a solemnidade da Virxe. Os arreglos florais por parte de Rosa e Marita tiveron, tal vez, unha categoría especial polo sentimento de oración que incluía rezar por toda a parroquia e adornar á Nosa Señora pedindo por todos.