A tradición de bicar o Neno durante o tempo de Nadal, como manifestación de cariño e de fe agradecida a Deus polo feito da súa Encarnanción, tivo que mudar pola pandemia. Deste xeito, os días máis sinalados nas parroquias da Unidade Pastoral para conmemorar o nacemento de Xesucristo, culminaron coa «guinda» da Bendición Solemne ca figura do Recén Nacido. Un símbolo do achegamento delicado do Amor de Deus.