A D. Manuel Angel Blanco:
Como xa sabe non son persoa de letras. pero non podía deixar pasar a ocasión en deixarlle unhas verbas ante un acontecemento tan especial.
Gustaríame poder agradecerlle os anos que adicou a Unidade Parroquial de S. Tomé de Ames e unidas. Coa súa humildade, grande virtude que o caracteriza, soubo crear unha familia parroquial unida dándolle a cadaquén un papel para que todo funcionase correctamente, deixando facer e animando sempre.
Grazas polo coidado espiritual e corporal que tivo cos nosos enfermos, (esto nunca se esquece), por axudar ós máis desfavorecidos, polos pequenos detalles cos nenos, cos matrimonios e con todos en xeral. En definitiva grazas por dar tanto sen pedir nada a cambio.
Por último, desexarlle moita sorte e que Deus o Bendiga alá donde lle toque evanxelizar, que en Ames deixou un pegada imborrable e un fondo pesar nas súas xentes e que non olvide que en S. Tomé de Ames sempre estarán as portas abertas para un Bó Pastor como é D. Manuel Angel Blanco.
Pregaremos por vostede.