Protocolo Covid-19 nos cemiterios

VISITAS AO CEMITERIO LIMITADAS Máximo  30 minutos Máximo 4 persoas por casa Aforo limitado 1 persoa por 4m2 LEMBRA QUE SERÁ OBRIGATORIO Uso da máscara de protección Distancia de seguridade. Evita contactos de risco. RECOMÉNDASE Desisnfectar as mans co xel hidroalcólico Evitar tocar barandilla, chaves de auga, contenedores…

Bendición en San Xoanciño

O venres 25 de setembro bendícese unha imaxe peregrina da Virxe de Lourdes na Capela de San Xoanciño.  A figura da Nosa Señora foi donada por unha devota co fin de achegar a devoción por Sta María a todas as casas que así o soliciten, especialmente aos fogares onde poida haber algunha persoa enferma.  A…

O Corpiño (Oca)

Próximos á festividade litúrxica de As Mercedes (24 de setembro), ten lugar na aldea de Oca (Ames) a «segunda» romaría anual de  A Nosa Señora de O Corpiño (a outra data, considerada como «principal» sucede no sábado seguinte ao día de Pascua).  Este pasado 19 de setembro de 2020 celebrouse a entrañable festa da Virxe…

Accidente

O pasado 19 de setembro un automóbil batía co cruceiro parroquial de Portor, sufrindo este graves desperfectos.  Por fortuna, ao parecer, non houbo que lamentar danos persoais.  Tras o parte correspondente da Garda Civil, emprendéronse as xestións oportunas de cara á súa futura recuperación.  A parroquia agradece ao Concello de Negreira a súa mediación nos…

O Corpiño de Oca

Nas proximidades da celebración da Virxe de O Corpiño na aldea de Oca (Ames), presentamos unha representación da capela feita por un dos asistentes locais a un curso de traballos artísticos.

Comenzo do curso de Catequese

A escepcionalidade do comezo da Catequese para este curso motivou a coordinación das parroquias lindantes coa de Ortoña, para a preparación de Primeira Comuñón e Confirmación.  Esta é a parroquia que centralizará a actividade e porá a disposición os seus amplos locais e a súa capacidade para un seguimento non presencial se así fora preciso. …

Celebración de A Nosa Señora en Portor

O pasado 15 de agosto celebrouse a festa da Asunción de María en Corpo e Alma ao ceo. O día por excelencia da parroquia de Portor.   Este ano agrupouse nunha celebración a San Antonio e a San Roque e reservouse o domingo para a solemnidade da Virxe.  Os arreglos florais por parte de Rosa e…